jueves, 13 de enero de 2011

Hoxe día 13 de Xaneiro



Ademais de desprender unha gran beleza, teu sorriso, o seu sorriso, a miña presenza, aparece todos as noites nos meus soños, achegándose o límite da realidade, sentía os seus beizos rozando os meus párpados, escoitaba a súa respiración, e a frescura do seu alento descontrolado, pausado. Consumía as miñas esperanzas, ridiculizaba o meu pensamento, e semellaba contruír unha vida paralela, a máxima loucura, a miña cabeza entraba na fase das paranoias, da vida sen vida, do meu ser sin ser. Resplandecía como a luz dun verán caruloso, estaba vivindo os meus soños, con ela, xa que era o único que me quedaba dela, a súa viva imaxe na miña cabeza, noite e día. Como o tic-tac o continuo tic-tac do reloxo do meu avó, o como os pasos dirixidos a un lugar lonxe de aquí, como ela, ela, tan bela, tan fermosa, a única muller capaz de recorrer todos os meus sentidos, agora sen vida, morta, na tumba. Eu xa non son, eu xa non son, sen ela. Ela a miña estrela. Ela o meu motivo para vivir día a día, xunto, preto dela. Cada día, cada ano, que agora se reducen no mínimo detalle, na mesma merda, no meu abandono, todo queda baleiro. Pouco a pouco se vai destruíndo.. A mín agóra, gustaríame plasmar en palabras todo que sinto. Porque son a única persoa, que ten medo, a perda do seus seres queridos? O futuro. A morte, miña morte, túa morte, nosa morte. Recordo a nosa primeira vez como se fora hoxe, ti sudando eu rindo, eu coa túa presenza. Son aquí sen ti, pero contigo na miña memoria, recordo o primeiro día que sentín os teus beizos desfacerse nos meus. Rozando os teus dedos na miña espalda, os escalofríos que pasei na noite que estabas na cama do hospital, todo estaba baleiro, eu: nun puto túnel sen fin. Estou só, nesta puta habitación vendo que as miñas pernas temblan, e vendo o meu propio abandono, tamén visiono as noxas fotografías, as noxas fermosas fotografías, corrixo, tí a única fermosa do meu mundo, o mellor, o mellor.. Eu non son sin tí, tí xa non eres.. tí ausente, tí.. Xa non me queda ninguén, pouco a pouco, se ausenta todo o que teño, todo que facía que as miñas sonrisas, foran grandes sorrisos, sorrisos perfumadas, sonrrisos con amor, amor por ela, sorrisos que se sumerxían en caricias, nas súas caricias, en caricias con bicos, soños, seus soños, meus soños, os noxos, noxas experencias.. Gustaríame ter noxa última vida, noxo último sorriso, noxa última mirada, noxo último bico rebozando nosos corpos na noxa, cama, hoxe vacía.. Sólo as miñas pastillas para poder dormir polas noites, e as túas fotos nunca caixa co teu nome en grande, intento olvidar todo o que pasamos, todo o que puiden disfrutar de tí, o meu motivo para vivir, quería decirche o ouvido: quérote, princesa. Bótote en falta.. Xa non podo máis, esta vai ser a miña última noite, esta a miña última carta, sen destino, hoxe vai non creo que ninguén me bote en falta, e en realidade non sei como facer para superar todo isto, porque os motivos para seguir, escasean. As mañas, miñas mañas, son eternas, son escuras.. Perdí todas as miñas esperanzas, perdínme. [Puntos suspensivos]



- Gala

4 comentarios: